miércoles, 8 de mayo de 2013

QUE FROITO TEN MÁIS ELECTRICIDADE?

As pilas e as baterías producen electricidade a partir dunha reacción química que ten lugar entre as substancias que hai no interior:

Materiais:
·Un limón.
·Unha moeda de 5 cént. (está feita de cobre).
·Un parafuso(aceiro cobrado).
·Un cable.
·Conectadores(pequenas pinzas unidas ao cable).
·Un voltímetro(un aparello que mide a corrente eléctrica en unidades de voltios).

Montaxe:
1.Pica no limón o parafuso e, en fonte deste, uns 5 cm, introduce a moeda, facendo un pouco de presión, ata a metade máis ou menos.

2.Conecta os cables no voltímetro. A continuación, polo outro extremo, conecta o conectador positivo na moeda, e o negativo no parafuso.

3.Observa o número que aparece no voltímetro. Este número é a voltaxe, é dicir, a cantidade de enerxía eléctrica, medida en voltios, que xera a nosa pila.

Repetimos coa mazá, piña e pataca.
Repetimos o experimento con parafusos de aluminio e ferro.
Chegamos a conclusión de que a pataca é a que ten máis electricidade, Agora proba tí!!!